Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

31.5.09

Dobre xogo


E ti, con cal política lingüística te quedas? coa que sae de entrevistas e encontros dixitais, e, por tanto, sae nos xornais? ou coa política das derogacións e recurtamentos que está prevista que saia no DOG?
Que ese dobre xogo co que editorializaba onte Xornal non nos confunda e vai coller nas patacas.
Claro que a repunantiños como Blanco Valdés polo que se ve non lle vale ningunha.

24.5.09

Houbo debate


E houbo debate e sospeito que La Voz só tiña unha páxina para encher pois a súa transcrición parece coxear por momentos...

Imos quedarnos non nos contidos, senón na imaxe: de que estarían a falar neses momentos? que lle estaría a explicar o Callón? e ese ollar con que o mira Gloria e ese marco florido e primaveral que os acolle... A que é unha imaxe tenra!!

21.5.09

Pocos había de Galicia!!!

Queredes rir un cacho? Pois agarrádevos á cadeira

Get this widget Track details eSnips Social DNA

Soy gallega y soy de Ferrol, el señor Feijoo que nos prometió que iba astudiar los niños en castellano, ahora resulta que no se va astudiar. El señor Feijoo que se prepare, porque va tener mucha cosa encima! Y la manifestación que hicieron el Día de las Latras Gallegas vino la gente de Cataluña y el País Vasco, pagados por el señor Quintana, del Bloque, que no fueron de aquí de Galicia, pocos había de Galicia (señora de Ferrol)

Margen de confianza sujetándole el cuello, respira Alberto, respira porque lo primero que ha hecho es al presunto independiente es del SOE!!... (Jiménez Losantos)

Tres cousas:

1.) Quintana se é certo como esa boa señora apunta que lles pagaches aos vascos e aos cataláns, a min débesme a peaxe da autoestrada: 6,50 ir e 6,50 volver, faltaría máis ho!! E que saibas que pagar, pagaríaslles, pero debéronche ir todos para O Franco que eu na manifa non che vin o primeiro.

2.) Imos permitir que collan do pescozo ao noso presidente?

3.) A clave foi Galicia Bilingüe, Losantos dixit.

20.5.09

Saúdos


Como fan en ocasións as vellas e boas orquestras (e non esas que todo son ruído e camión de playmobil) e sen que sirva de precedente vou dedicar unha postaxe: ás alumnas e aos alumnos dun tal mestrado que leva por título "Política lingüística e planificación da lingua galega" e que teñen a ben ter esta bitácora na súa rede social e deixarse caer nela de cando en cando.
Saúde e patria amigos, e que vos preste o aprendido que chegan tempos difíciles!
Dei co programiña nesta ligazón e a verdade é que o asunto parece unha especie de recompilatorio deses que tira M80 ou Cadena Dial cos mellores éxitos. Algo así como "O mellor do galego das dúas últimas décadas" ou "Todo lo que hay que saber del gallego y no perderse en el intento" en que actúan nel vellas glorias consagradas (sospeito que xa co disco un tanto raiado e sen novo repertorio) e algunha que outra figura emerxente ou nova voz-promesa.

E entre o alumnado, e sen desmerecer o resto, unha tal Bobbette Berg (a da foto) e unha tal Aeriell Joseph, mocetas novaiorquinas ambas, que vaia vaia... calquera faría con elas unha análise DAFO :-)

18.5.09

A foto da manifa


De entre un Avelino farruco, unha Yolanda impecable, unha marea de paraugas cubrindo o asfalto, unha Quintana ateigada ou esta que vos presento, quédome con esta foto portada do LV (da autoría de Jessica Barcala da AGN).

17.5.09

Anxo, amigo, aplica os teus artigos!!!

Había que estar e estívose e moita, moita xente debía haber cando os medios non se mollan a dar cifras nin aproximadas. Non houbo efecto anxolorenzo
Consignas e lemas moitos, algúns parecían esquecidos estes catro anos, mais pedíame o corpo berrar estoutro
ANXO, AMIGO, APLICA OS TEUS ARTIGOS!!
Se ti tampouco o berraches únete cando menos ao seu grupo no Facebook.
Por certo, Santiago está moi ben e cómese caralludamente, mais unha manifestación desta envergadura, non luciría moi ben nunha gran avenida tipo Gran Vía víguesa ou así???

16.5.09

Piñeiro, o amigo dos trens

1.ª imaxe



E nisto e a Consellaría de Educación converte a Ramón Piñeiro nun amante dos trens máis. Aínda haberá quen vexa que é un xeito máis de reivindicar o AVE...

2.ª imaxe


Para glosar o homenaxeado este moucho quédase co que apunta hoxe en Xornal Xusto Beramendi sobre a pertinencia de liquidar o Partido Galeguista en prol dun pangaleguismo político

Porén, non é ocioso preguntarmos se tal galeguización non se produciría igualmente aínda sen sacrificar o renacemento ante-transición do PG. Por suposto, nunca o saberemos con certeza e pode acusárseme de especular sen fundamento. Pero se ampliamos o noso campo de visión fóra de Galicia, e tamén cara atrás, a dose de especulación diminúe. A observación dos casos catalán e vasco dinos que ese mesmo fenómeno tivo lugar, con maior ou menor intensidade, en Cataluña e no País Vasco, onde non actuou ningún equivalente ó piñeirismo que interrompese a continuidade histórica dos seus nacionalismos democráticos de centro. Un fenómeno que, ademais, deu os seus primeiros pasos nas tres nacionalidades xa en 1935-1936. E por unha motivación lóxica de índole xeral: cando un nacionalismo subestatal adquire certa forza, os seus rivais estatais, para competir mellor con el polo apoio da cidadanía, incorporan parte dos seus símbolos e as reivindicacións políticamente compatibles coa integridade do Estado. Xa que logo, estou convencido de que o sacrificio do Partido Galeguista foi innecesario.

14.5.09

Booooooooombaaaaaaaaaaaaa


Ollo ao dato! Estalou a bomba... lingüística. Logo do acontecido hai catro anos e visto o nomeamento de hoxe, a cadeira de Política Lingüística debería estar nunha casa de apostas tipo Bwin, Serviapuestas...

Luces: o xefe da política lingüística mellor formado que houbo nunca; Galicia Bilingüe leva unha labazada.

Sombras: marxe de manobra, o discurso de Feijoo hoxe mesmo lembrando un consenso que eles mesmos racharon, o mesmo día que o PP nomea a quen lle fixo o progama lingüístico ao PSdeG volve desenterrarse a cuestión toponímica da Coruña.

E agora que temos o nome, a pensar lemas de benvida:


ANXO AMIGO, APLICA OS TEUS ARTIGOS!!!

ANXO LORENZO NON TOQUES O 50 POR CENTO!!

CON ANXO LORENZO, NINGÚN RETROCESO!!!


13.5.09

SMS para a SXPL


E por que Alberto para saír de dúbidas non crea un sistema de envío sms para que poidamos escoller?? Si, tal cal a Operación Triunfo da SXPL
NOMEAR BREA
NOMEAR ANXO
NOMEAR MAURO
NOMEAR ELVIRA
Só hai que fixar un teléfono deses que se memorizan facilmente e a escoller!!!!
Por certo, xogamos algo a que mañá xoves tampouco se saberá o nome? Non sería prato de bo gusto debutar cunha manifa do 17.

4.5.09

Viva Belén!!


Belén Regueira, premio Mestre Mateo á mellor comunicadora e así o demostrou. Falou moi clariño para quen quixer escoitala.
Encantoume cando o vin en directo (agás o "bueno" inicial) e que ben que xa está dispoñible na rede!!

1.5.09

Posta en escena

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
1.- Posta en escena patética 2.- Como se chama a síndrome daquel que se sente perseguido? 3.- Xa se nota o cambio n'A Galega?