Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

24.5.09

Houbo debate


E houbo debate e sospeito que La Voz só tiña unha páxina para encher pois a súa transcrición parece coxear por momentos...

Imos quedarnos non nos contidos, senón na imaxe: de que estarían a falar neses momentos? que lle estaría a explicar o Callón? e ese ollar con que o mira Gloria e ese marco florido e primaveral que os acolle... A que é unha imaxe tenra!!

2 Comments:

  • Acabo de actualizar sobre o tema e vin que fixeches esta entrada ti tamén. Termino dubidando de se o investido compensa o gañado. Ti que opinas?

    http://www.carloscallon.com/2009/05/erros-e-acertos.html

    By Blogger Carlos Callón, at 4:23 da tarde  

  • Eu opino que non compensa en absoluto, que é un erro monumental colocar á Mesa ao mesmo nivel que GB, igualar 30 mercenarios en contra do noso idioma e a favor da ignorancia feixista e os miles de afiliados da Mesa (ou os 30/50.000 asistentes á manifestación do 17M se se quer, tanto me ten).

    By Blogger Carlos, at 2:44 da manhã  

Enviar um comentário

<< Home