Cando todo, cando nada
Pois ben este ano A Galega pasa da Liga e pasa do balompé sabatino. Apuntouse unicamente á grandeza da Champions e por pasar penso que aínda non pechou acordos nin co Celta nin con equipos galegos de categorías inferiores. Ou sexa antes pagarlle dereitos á UEFA que aos nosos clubs...
O caso é que La Sexta pechou a súa xenerosidade lingüística e xa non ofrece escolla de idioma nos seus partidos xusto, xusto cando máis precisa era. Disto decateime este sábado pasado.
Conclusión: rómpense máis de vinte anos de fútbol en galego os sábados. Ninguén vai dicir nada? Que di agora o PP? Xa non serve o que dicía en agosto de 2006? Xa non hai "desidia e ineficacia" nos dirixentes da canle? Xa o galego non é "fundamental para a promoción do noso idioma"? E La Sexta? ben pouco lles durou a arroutada...
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home