Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

19.6.06

Equipo A



Domingo 18 de xuño, pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, un milleiro de aspirantes á elite do funcionariado galego (léase grupo A) para pouco máis de ducia e media de prazas. A instrución de Romeu que este moucho deu en chamar a gran recuada comeza a rular. Son maioría os aspirantes que solicitan o exame en castelán. Xa se sabe que entre revocación e revogación, entre desistimiento e desistencia, entre a sintaxe castelá e mais a galega median abismos.
Cuestión de lóxica: no fondo cando te estás a xogar o futuro todos apostamos polo seguro, para outro momento quedan os cursos de perfeccionamento ou mesmo linguaxe administrativa que seguro que moitos aspirantes posuían e que alegremente se reparten.
De lóxica tamén é que unha instrución non modifique unha orde; a devandita instrución está recorrida pola CIG, a xustiza unha vez máis tarde piará...

1 Comments:

Enviar um comentário

<< Home