Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

25.6.06

Vellos vicios...


A programación da TVG certamente sufriu unha considerable remodelación, mais os vellos vicios seguen presentes. O programa Luba TV, do pouco que segue habendo destinado á xuventude, mesturando deporte non profesional, música feita no país, movementos cívicos, artes plásticas... con portal e todo, e dun xeito apenas explorado na TVG emitíase os sábados á tarde. Digo emitíase, pois onte mesmo a mocidade que o quixera ver ou quedaba na casa e renunciaba ao sábado noite ou dificilmente... lémbrádesvos de Chambo? pois a situación semella cuspidiña