
Cónstame que en Asturias están moi
sensibles co tema, que seica temos afáns imperialistas, que seica os queremos conquistar e ir ás súas terras occidentais e falar en galego cáusalles molestia. Ánxela B., como lle gusta chamala a Caneiro, foi valente, non confundiu fronteiras administrativas con isoglosas e falou en galego. No galego que alá mesmo se escoita -e segue- na TVG e no mesmo galego co que moitos asturianos teñen seguido os seus equipos de fútbol grazas ás retransmisións da mesma canle (mesmo en moitas ocasións desprazándose dende o centro cara ao occidente). Ademais, se se trataba dun acto de irmandamento, non todo tiña por que quedar en palabras (como adoita acontecer), senón que tamén é de celebrar que se vaia pasando aos aos feitos.
1 Comments:
Como galego n'Asturies, dígoche que unha cousa é a histeria paranoide e antigalega de certos politicastros deiquí (si, aquí tamén os hai) e dos medios populacheiros (ídem) e outra a xente asturiá, que está á marxe daquilo e nos trata con agarimo.
By
Mr Tichborne, at 12:38 da manhã
Enviar um comentário
<< Home