Galicia/Galiza nesas andamos... (e andaremos)
Por que as seleccións deportivas se seguen a anunciar como tal e non levan o nome do país? É dicir, por que se crea un híbrido selección galega-Xapón (baloncesto feminino) ou selección galega-Uruguai (fútbol masculino) no canto dos máis correctos Galicia-Xapón e Galicia-Uruguai, ou selección galega-selección xaponesa e selección galega-selección uruguaia? Aahhh porque debemos ser o único país no mundo mundial con dous nomes (e a explicación de Manolo González no Luar non pareceu moi satisfactoria)... e porque dende a Dirección Xeral para o Deporte parece non haber valentía por quitar a Galiza do armario, e porque anunciar un Galicia/Galiza-Xapón daría pé a pensar que ao mellor o que se xoga é un triangular pachangueiro, e porque...
2 Comments:
Home, hai mais paises con mais de un nome... ai temos a Eire/Ireland... xa sei que nese caso cada nome e nun idioma distinto, pero aqui pasa un pouco o mesmo, non? Galiza e o nome en portugues ou en galego antigo, ou algo asi, e Galicia en castelan ou galego "moderno" ou "popular" (vamos, o q usa case todo o mundo). Tamen poderiamos facer como os irlandeses, que din todos Ireland pero empregan a nivel simbolico e oficial Eire... (perdon por non ponher acentos en ningun sitio pero escribo desde o estranxeiro con un teclado raro...)
By Anónimo, at 11:28 da manhã
Eu creio que mais bem "Galiza" é o nome em galego e "Galicia" o nome em castelhano (em galego devia ser banido, mais nessas andamos...). "Galiza" nom deve ser só simbólico, mas oficial, correcto e promovido (embora em castelhano se siga a usar "Galicia" para referir-se a nós, mas "Xunta da Galiza" ou "Junta da Galiza" (reintegracionista) para nomear ao organismo oficial).
By Jon, at 4:14 da tarde
Enviar um comentário
<< Home