Que me dis dese e logo?

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
25.1.07Que me dis dese e logo?![]() O da nova campaña da SXPL preocúpame e desconcértame un tanto: o primeiro porque de momento non se saben as medidas que lle van dar corpo, coñecese o envoltorio mais non o que leva dentro, o continente mais non o contido, sábese o fin mais non os medios. Desconcértame ese E logo! co que se pechan as cuñas e os anuncios. Na fala deste moucho e logo é as máis das veces interrogativa, non exclamativa, e úsase como equivalente a por que? ou daquela. É sen dúbida o seu uso máis estendido até o punto que no discurso dos castelanfalantes tamén aparece camuflado baixo o traxe de y luego? Porén, acudo ao dicionario e comprobo que a súa primeira acepción é en efecto 'claro, por suposto'. Afortunadamente un nunca deixa de aprender cousas novas e este moucho fai a promesa de prestar máis atención á fala das xentes para rexistrala no seu uso real. Quédame a dúbida, iso si, se non primaría máis buscar un xogo de palabras que roza a cacofonía dito sexa de paso (galego-logo), a custa de sacrificar a súa acepción máis estendida. Porque... por usar tamén podían ter tirado de xaora, que non é tan coñecida e por iso mesmo axudaría a ter ese efecto de perdurar na memoria da xente que toda campaña procura, non credes?
|
1 Comments:
E que para mim esse "E Logo" afirmativo, soa raro... um "E logo nom?" é mais normal (alomenos no meu registo). Em afirmatimativa adoito empregar mais (em registo coloquial) um "Ai Logo!"....
By
Fer, at 10:21 da manhã
Enviar um comentário
<< Home