... se pido escusas pola precipitación cometida antonte co da suposta campaña
Fala por ti. Grazas a
Depósito coñezo da existencia de tal cousa no seguinte
enderezo. Unha especie de experiencia piloto que non se está a cocer, senón que xa está cocida, preparada e degustada cuxo obxectivo foi o de empurrar a falar mocidade, algo así como facer galegofalantes activos onde hai galegofalantes latentes. Descoñezo se as estratexias de mercadotecnia aconsellan non promocionar e anunciar as experiencias piloto, se cadra buscando un efecto sorpresa, mais coméntanme dende Vigo (cidade onde tivo lugar) que a súa trascendencia foi máis ben nula nos medios, así como comprobo no
Google que a súa presenza na rede é
mínima.
En todo caso, segue no ar o da
Academia cando hoxe, revisando mellor, comprobo que o
Mapa Sociolingüístico de Galicia xa está en rede.
1 Comments:
Imaxino que non se lle daría máis difusión polo feito de ser unha "experiencia piloto"..., vamos, unha proba para comprobar como podería funcionar, que cousas habería que cambiar, en que sitios se pode implementar, para que se pode aproveitar, que resultados se poden obter, etc. (http://www.blogoteca.com/nasa/index.php?cod=7647).
Sobre o do MSG-92 e a RAG..., eu creo que só é cousa de dominio/servidor.
By
Anónimo, at 9:20 da tarde
Enviar um comentário
<< Home