A Voz das bonecas
Se o quixesen tratar cun mínimo de rigor podería entrar en calquera xoguetaría e comprobar en termos reais (porcentaxes) cal é a presenza da lingua en xogos de mesa? en videoxogos? en bonecos faladoiros? en calquera obxecto de lecer para os cativos e se cadra só así se lles quitarían as ganas de xoldra co tema.
Semella que xa non é unha cruzada contra o galego senón contra unhas siglas políticas determinadas (véxase o tratamento do tema dos fusos horarios), pero o ton empregado e a súa situación no xornal (a última folla) lémbrame a outro diario compostelán que mostra a súa liña editorial repartindo todos os días polvoras e magnolias á vez que achega un chiste do máis ruinceiro posible.
Malo cando os xornais, por moitos anos que teñan, non inclúen os seus editorias no seu interior e si na derradeira páxina. A este moucho nunca lle gustou a xente que actúa por detrás.
1 Comments:
Faime gracia porque eu tamen liguei o artigo dende o meu blogue, amoloume bastante lelo.
É tremendo como aproveitan calqueira contexto para botar a lingua a pacer.
By Anónimo, at 3:56 da tarde
Enviar um comentário
<< Home