Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

29.12.06

Non todo vale


Doe un tanto dicilo pero non por ser o único xornal (de pago) en galego imos botar o ollar cara a outro lado. Até agora preguntábame a que hora pecharía a redacción o Galicia Hoxe, pois, por poñer un exemplo, os luns é imposible saber o resultado de moitos dos encontros da xornada de futbol.
Xa acontecía cando era O Correo Galego e este moucho lémbrase de cando certo atentado terrorista acontecido un domingo ás oito do serán non foi recollido polo xornal do Preguntoiro até o martes seguinte.
Á hora da merenda péchana?
Agora resulta que tamén imos con atraso nisto das inocentadas e hoxe mesmo recollen a feita por Vieiros onte, si hoxe mesmo, día 29.
Na normalización da lingua non vale todo e un euro no quiosco é exactamente iso un euro e hai moito onde investilo...
Da inxenuidade xa non digo nada...