Junta de Galicia
En Cataluña seica non é inusual oír falar da Generalidad e parece non levantar moita poeira (de feito utilízano na versión castelá do seu diario oficial), mais acó certamente que algo se nos move nos tímpanos ao escoitar Junta de Galicia.
Unha vez máis os nomes propios a escena. O tema ten o seu aquel porque este moucho aínda non escoitou nin leu argumentación razoable ningunha que saiba conxugar a nosa esixencia de que se nos respecten as nosas formas co noso dereito a traducir ao galego as dos demais. E nesa franxa entre as dúas situacións é onde xorden os problemas e os argumentos se entrecruzan (un dos que utiliza Losada neste caso serviría perfectamente para defender o uso de La Coruña). Entre lingüistas e xentes de leis ten que andar a solución.
En parte, ás veces, tamén é cuestión de coidar os detalles, eses que ás veces pasan desapercibidos: a RAG até hai uns poucos anos nos seus estatutos mantiña La Coruña como lugar da súa sede ou, segundo me confesan, chamar ao ILG e que che respondan algo así como "Instituto de la Lengua Gallega, buenos días" non é nada estraño.
Propósitos para o 2007? comezar a coidar os detalles.
3 Comments:
Outro dato máis: se un busca en internet Junta de Galicia podería sorprenderse da cantidade de ocorrencias que hay. Na tan sonada wikipedia castelá ocupa voz propia (http://es.wikipedia.org/wiki/Junta_de_Galicia) cuxa edición curiosamente está protexida "hasta que las diferencias en su contenido sean resueltas en su pagina de discusión" (http://es.wikipedia.org/wiki/Discusi%C3%B3n:Junta_de_Galicia)
By omouchoasexante, at 5:55 da tarde
En efecto o caso de London é moi socorrido, pero comeza a botarse en falta unha proposta seria, coherente e aceptada. O tema está en adaptar e traducir o menos posible como ti dis, pero chegar a determinar ese "menos posible" é o verdadeiramente complicado.
By omouchoasexante, at 5:51 da tarde
Comentarios interesantes sobre isto, aquí:
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=323
By Anónimo, at 11:45 da manhã
Enviar um comentário
<< Home