Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

21.1.07

Alguén sabe quen é Pedro Figueras??


Si Figueras con efe de falcatruada e con que de queixo, o outro xa sei que está en Telecinco e é o da imaxe. Pois Pedro Figueras é director creativo e o seu móbil é 666 052 663. A conto de que vén isto?? pois porque de bolina polo web da Academia Galega atópome na súa páxina de inicio cunha ligazón que me leva a isto: unha páxina, que intúo está en construción, con datos sobre o Mapa Sociolingüístico de Galicia do ano 92. Ou sexa que todo pinta a que se van colgar os datos do MSG en rede (non é sen tempo...) ou que o Seminario de Sociolingüística da RAG vai ter espazo propio (mediando, claro está, subvención de Industria). Pois perfecto, pero que alguén aclare porque se o web non está feito aínda, que fai aniñado na páxina deste bo home, co acceso aberto e cunha ligazón dende a propia páxina principal da realísima??

Pero ollo porque a cousa non queda aquí, sabedes dalgunha campaña de Vicepresidencia que leve por lema: Fala por ti?? Pois se non sabedes debe ser porque tal campaña aínda se debe estar cocendo e este tal Figueras tamén debe andar polo medio. Premede, premede aquí.

E agora dicídeme, somos ou non somos un país serio???


2 Comments:

  • Amigo Moucho, da experiencia piloto "Fala por ti" podes obter máis información en www.falaporti.com.

    By Anonymous Anónimo, at 7:22 da tarde  

  • Ahhhh pois amigo Depósito moitas grazas polo aviso e asumo a parte que me toca de erro e precipitación... mais dúas cousas:
    - descoñezo o traballo de difusión que se realizou da campaña: entro na páxina da Vicepresidencia e no batifurrillo de igualdade, voluntariado, xuventude que hai montada nesa consellaría non vexo nin rastro dela mediante unha ligazón; entro no web do CDSG e tampouco hai referencia ningunha; e no web d'A Mesa tampouco (por citar só tres exemplos onde ben poderían/deberían ter presenza). Dende Vigo infórmanme que a repercusión nos medios locais da campaña foi mínima ou nula; e no Google buscando a frase exacta "fala por ti" as referencias a esta campaña son inexistentes.
    - sigo sen saber por que dende a páxina de inicio da RAG se pon unha ligazón ao web de Pedro Figueras cunhas mínimas notas sobre o MSG.

    By Blogger omouchoasexante, at 11:08 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home