Dúas presenzas da lingua nos
dogas desta semana: a primeira ten que ver coa refundación da Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística. E digo refundación e digo ben porque o decreto
258/2006 deroga o decreto
221/1990 daquela primeira Comisión Coordinadora para a Normalización Lingüística da que tres lustros despois pouco se sabe máis que o seu nome e o seu logotipo nuns cantos volumes de material didáctico e glosarios. É dicir, isto de querer coordinar aquilo que se fai non é idea nova, aínda que agora aparece reformulada agardemos que para ben. Xa non interveñen só catro consellarías, senón todas; dispón dun plan de reunións e dunha maior complexidade organizativa que veremos como resulta. É novidade tamén que está centrada de xeito exclusivo no binomio lingua-administración, para cando o mesmo pero aberto ao conxunto da sociedade?? para cando unha especie de consorcio, mesa ou axencia que conte coa presenza de todas as administracións cámaras de comercio, colexios profesionais, confederacións de empresarios, etc.??? Seguiremos ao asexo.
A segunda presenza ten que ver coa
impartición sobre os cursos de lingua galega á que por fin parece querer metérselle man. Sobre a adxudicación dos cursos, os criterios utilizados até o de agora para baremar e o traballo feito dende algunhas delegacións provinciais daría para encher unhas cantas olladas. Vexamos como funciona esta nova orde e a ver se os tempos da opacidade nas adxudicacións, o emprego da vía dixital e o simultaneamento de máis dun curso pasan á mellor vida. Seguiremos ao asexo (bis).
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home