
Xa o comentamos noutra ocasión e en San Caetano era un segredo a
voces que o conselleiro de Economía,
Xosé Ramón Fernández, estaba traballando arreo para aprender e mellorar o seu galego. O outro día escoiteino na Galega e os avances son notables e de calidade.
Non é que haxa agora que comelo a bicos (fai o que lle corresponde por lei e coherencia), pero non é habitual na clase política nin o empeño, nin a preocupación por mellorar a verba lingüística. Moitos serían suculentos exemplos de estudo de pedágogos, terapeutas e analizadores do discurso.
1 Comments:
Parabéns para el e para todos, porque cada vez que alguén se interesa realmente pola nosa lingua gañamos todos e máis se é un conselleiro.
Que tomen nota os auxiliares administrativo, que son un importante foco castelanizador na cidade de Compostela
By
Anónimo, at 12:52 da tarde
Enviar um comentário
<< Home