Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

7.4.07

Arrepiado


Con esa cara de susto ando estes días. E non sobrevoo dúas cidades galegas e comprobo cos meus ollos que a pailanada de entoar saetas nas procesións xa está entre nós?? Que profesionais da importación somos carallo!!!
E por riba leo a Voz resesa de onte e xa me gustaría que o Blanco Valdés, que a boa hora reparou no de Galicia-Galiza e o bipartito, utilizase os mesmos argumentos para cargar contra Galiza que para facer o mesmo contra La Coruña.