Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

10.3.07

A outra normalización


A outra normalización é a dos institutos de ensino secundario (as outrora, ou aínda hoxe, chamadas "equipas"). Esa que non existiría sen o voluntarismo do profesorado e o entusiasmo dos rapaces e rapazas. Ao parecer a SXPL e a consellaría de Educación van intentar regulala, coordinala, dotala de plans (e agardemos tamén que de orzamentos) e, en definitiva, pórlle algo de orde. Até o de agora, sen esa planificación, coordinación e con moi poucos recursos xa deran froitos ben interesantes: publicacións do máis diversas, campañas de galeguización (telefonía móbil, Asterix en galego...) e mesmo ferramentas como é o caso de Traducindote. Agardemos que siga esta vizosidade, pois as ferramentas cada vez son máis (velaí o último cos webquests) e os colectivos profesionais sempre estiveron aí (AS-PG, NEG, edugaliza...)