Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

27.2.07

Parabéns a Repsol YPF!!



Ben por Repsol YPF e ben pola súa aposta plurilingüe no seu portal web. Chamoume a atención onte cando vin o anuncio na tele que se facía fincapé no detalle: "máis fácil e no teu idioma" era o que se dicía. Agradécese ver o emprego das distintas linguas como un servizo máis de calidade, imaxe empresarial e deferencia cara ao usuario/cliente. Ao parecer é a primeira empresa do Ibex35 que conta con versións íntegras do seu web nos catro idiomas. E ollo ao detalle, íntegras. A cousa non queda só en traducir catro menús malcontados e as páxinas máis vistas como se acostuma no mellor dos casos e como é a práctica máis estendida nos webs administrativos estatais. Non, non, a cousa évos en serio. Por haber até hai un glosario de voces (atención terminólogos do país!!) que leva o selo do Termigal.

É este o mellor portal dunha empresa privada no que a respecto da pluralidade lingüística se refire? Apostaría a que si, dos mellores sen dúbida. Só un pero ou detalle. Todas as páxinas péchanse coa seguinte nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán. Isto soa a tradución automática, pero a verdade é que aínda non atopei en todo o portal cagada ningunha.

Sexa como for, e conste que este moucho non é que estea perdendo facultades, cando hai que felicitar (ou parabenizar se vos gusta máis) este moucho felicita e/ou parabeniza. E se A Mesa ou a Ciberirmandade non o fan, convídovos a sumarvos a unha parabenización colectiva dende esta páxina na que teñen un xeitoso formulario mediante o que facelo.



Por certo no Ibex 35 aínda quedan todas estas empresas:


Abertis (ABE), Acciona (ANA), Acerinox (ACX), ACS, Altadis (ALT), Antena 3 (A3TV), Arcelor (LOR), Banco Popular (POP), Banco de Sabadell (SAP), Bankinter BKT), Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA), Banco Santander Central Hispano (SCH), Cintra (CIN), Corporación Mapfre (MAP), ENAGAS (ENG), Endesa (ELE), Fomento de Construcciones y Contratas S.A. (FCC), Grupo Ferrovial (FER), Gamesa (GAM), Gas Natural (GAS), Iberdrola (IBE), Iberia (IBLA), Inditex (ITX), Indra (IDR), Metrovacesa (MVC), Prisa (PRS), Red eléctrica (REE), Sacyr Vallehermoso (SYV), Sogecable (SGC), Telecinco (TL5), Telefónica (TEF), Telefónica Móviles (TEM), Telefónica publicidad e Información (TPI) e Unión FENOSA (UNF).


Que tomen exemplo!!!!

2 Comments:

  • Acabo de atopar outro glosario de termos, este máis pequeno, pertencente ao ámbito da meteoroloxía:
    http://www.repsolypf.com/SA/Ventajas/ElTiempo/diccionario.aspx?op=18&IdZona=10&IdIdioma=7

    By Blogger omouchoasexante, at 9:39 da tarde  

  • Acabo de atopar outro glosario de termos, este máis pequeno, pertencente ao ámbito da meteoroloxía:
    http://www.repsolypf.com/SA/Ventajas/ElTiempo/diccionario.aspx?op=18&IdZona=10&IdIdioma=7

    By Blogger omouchoasexante, at 9:40 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home