Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

10.2.07

Cataluña


Adolescentes que saen de Bershka falando en catalán, parella de trinta e cinco anos (ela traballadora de La Caixa e el procurador) falando catalán entre eles e tamén co seu Marc de cinco anos, buses urbanos que che indican onde están as sortidas de emerxencia, informáticos que falan en castelán utilizando terminoloxía catalá... onde pasa isto? claro está que en Cataluña. Son só uns pouco detalles que este moucho colle ao voo ao pouco de aterrar en Barcelona, pero sospeito que nas semanas que me quedan acó irei perdendo esa capacidade acumuladora de detalles. É o que ten a normalidade, somérxeste nela e xa nada acaba chamando a atención.

Custa entender os sociolingüistas cataláns cando falan de pés de barro, de ameazas e perigos, de lagoas, de que cómpre estar atentos... supoño que o din por algo pero tres días por acó e mi madriña que envexa. Quen lles explica que aló temos unha Marta Rivera que fai votos para ser nomeada parva do ano e ten espazo no gratuíto galego LV?

Cataluña é o modelo para ben e para mal. O seu Estatut (dende hai uns días un pouco no ar) marca o teito do noso se é que algún día o temos, copiamos ou intentamos achegarnos nas publicacións, na dotación de institucións... os mal pensados din que Touriño tivo unha tempada que imitaba a Maragall nos xestos e peiteado.
E despois a de galeguiños que acó vos hai, e do melloriño por certo!!!

1 Comments:

  • É o que tem ser um pais de verdade :P
    Suponho que os seus lingüístas e similares miraram Galiza e diram: "Que me quede como estoy!!"

    By Blogger Fer, at 11:37 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home