Longa vida ao Longa Lingua

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
27.1.07Longa vida ao Longa Lingua![]() Teño ganas de tela nas mans, de lela. Teño ganas de que triunfe, de que sirva para algo, de que axude ao seu fin. Teño ganas de vela vender nos quioscos e librarías. Teño ganas de que perdure (ollo: unha periodicidade mensual non será moi ambiciosa!!?? que non resulte que acabe sendo simplemente o soporte das queixas e batalliñas de normalizadores e demais...). Pero mentres non chega á miña póla, ireime entretendo co seguinte informe que atopei o outro día: é do Colexio de Xornalistas e leva por título A lingua nas novas. Xa é de finais do 2004 (con datos do 2002), pero este moucho non sabía del a verdade. Algunha conclusión interesante e contundente: só cinco de cada 100 páxinas da prensa están en galego, cómpre unha maior presión lingüística por parte da poboación lectora, a decisión e estratexia do grupo editor é fundamental no uso dunha ou outra lingua, etc.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home