Risto Meixide

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
5.2.07Risto Meixide![]() Se Risto o de OT interpretaba un papel non quedou moi claro, mais os que sabemos un chisco de lingua si sabiamos que detrás dese Mejide só podían estar antergos galegos, aínda que a prensa tardara en descubrilos. A península está inzada de apelidos galegos e isto xa non é unha percepción (en certa ocasión escoitei que os hospitais e xulgados de Madrid estaban cheos de doutores e maxistrados de orixe galega), senón que esta demostrado e é comprobable. Que moitos deses apelidos foron manipulados e roubados da súa fasquía galega tamén non hai dúbida. Aos parentes do tal Risto seica a viaxe a Barcelona supúxolles a perda dun i. O escribán leva a culpa. Quen sabe... Este moucho lémbrase de Sergio Pazos nos seus tempos de CQC preguntándolle a Juncal Rivero que fora do seu apelido Riveiro. Ela creo lembrar que optara por non contestar.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home