Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

28.1.07

Esa sintaxe, por deus...


Marisol López é autora dun moi bo estudo sintáctico sobre a preposición a e o obxecto directo. Sen dúbida, cuestión esta que é unha das pedras onde é máis fácil tropezar na gramática da lingua.
Casualidades da vida fan que en pleno marisolado a prensa e internet se incen de titulares coma o da imaxe e que está dispoñible desde aquí.
Está visto que os tradutores automáticos e os esquemas sintácticos do español fan estragos na lingua...

2 Comments:

  • e cómo ve vostede iste titular?
    http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=55793

    By Anonymous Anónimo, at 2:22 da tarde  

  • pois lingüísticamente correcto, mais desde o punto de vista xornalístico supoño que non tanto (é posible un titular sen suxeito???)

    By Blogger omouchoasexante, at 2:30 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home