Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
29.1.07Máis sobre os cursos de linguaCon entusiasmo foi recibido nisto que se deu en chamar blogomillo a convocatoria de listas abertas e públicas para impartir cursos de lingua e este mesmo moucho foi partícipe de tal recibimento, o cal pode dar boa mostra da situación da que se partía. Con entusiasmo mais tamén con algún pero. Porque pasada a emoción inicial e se un fai o exercicio de se meter en fariña na orde comproba que os matices poden ser moitos. Poderíase falar do mellorable que é a solicitude para facela máis práctica ou de certas ambigüidades ou vaguidades que o texto presenta (no que fai á escolla de ámbitos, por exemplo). Mais o gran pero é sen dúbida o requisito número tres (ser demandante de emprego) e que en ningún apartado da orde se especifica se vai haber relación contractual algunha coa administración (e moito me temo que aquí o de quen cala outorga non vai ser). Imaxinades un letrado dando un curso de dereito comunitario para o funcionariado sen contrato? ou un experto en temas tributarios formando os funcionarios da consellaría de Economía nas novidades fiscais para o ano que acaba de entrar? ou un informático dando un curso sobre software libre ou calquera outra nova aplicación da Xunta? Este moucho non o imaxina, o que non quere dicir que non poida pasar, que na Administración xa se sabe... Non o sei, mais si sei que cos filólogos galegos si pasa: o requisito é ao mesmo tempo o resultado final. Renovas a tarxeta cada trimestre, agardas a que te chamen, dás o curso e segues renovando a tarxeta. Ou sexa que volves do curso cunha man diante e outra atrás, aínda que con tres mil euros no peto que vai ti a saber se Facenda non che pon mala cara e problemas para ver de onde os quitaches ti piltrafilla que estás no paro. Dádesvos conta, ademais, de que se fai unha lista que, en teoría, vai estar sempre funcionando, sempre dando a volta sobre si mesma? Dádesvos conta que non se aposta por un profesorado de calidade e estable? A Administración precariza a ensinanza e precariza os ensinantes. Que non hai saídas laborais para os filólogos? Que vaian lambendo un curso de cando en vez... Haberá que seguir ao asexo, ver como se xestiona esa trasparencia, ha de haber beneficiados e prexudicados non teño a menor dúbida, pero moito me temo que, como está a acontecer noutros ámbitos, a medida se quede só nun lavado de cara, nunha man de pintura, nun xesto cara á galería... e no fondo, non moito no fondo tampouco (case na superficie), as cousas sigan como estaban.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home