Lavamos a cara

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
27.2.07Lavamos a cara![]() Pois si, lavamos a cara amigos (que non é o mesmo que dicir que sexamos un caralavada, coidadiño!!). Se a SXPL mudou o seu web este moucho non vai ser menos; despois de 6000 páxinas vistas Galegolandia muda o deseño por este que vedes, ao mellor non é o definitivo, nin tan sequera penso que esta sexa mellor e quen sabe se nuns meses trasacordamos e volvemos poñer o que tiñamos ou tiramos doutro que atopemos por aí (non é o galego a lingua dos trasacordos? pois ao mellor isto vai polo mesmo camiño...). Apetecíame ter tres columnas, o tres está de moda: o tripartito, o triángulo nos coches, os tríos nas relacións, as tres modificacións que xa levamos da normativa da lingua, etc. Novidades? pois tampouco haberá moitas. Poremos música (escollida por este moucho, galega e non galega e que ninguén proteste ehh que para gustos cores). Teremos unha nube de palabras e ao mellor algunha sección por aí creamos, que ideas hai moitas pero falta algo de tempo ultimamente... O importante seguirán sendo as olladas e, por suposto, que vós esteades do outro lado.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home