Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

22.3.07

Outra máis sobre cursos


As cousas mal paridas é o que teñen e o pasado martes o DOG incluía unha nova resolución sobre a impartición de cursos de galego que modifica a primeira (nova resolución como lle podían chamar corrección de erros). Seica houbo protestas, as protestas convertéronse en recursos e non quedou outra que dar o brazo a torcer. O caso é que o que se engade é:


No artigo 3º engádese un novo parágrafo:

«Malia o previsto nos parágrafos 1º e 2º deste artigo, poderán solicitar a súa inscrición nestas listas as persoas que xa impartisen cursos de galego como profesores colaboradores desta secretaría xeral».


Os parágrafos 1º e 2º refírense á titulación exixida e o feito de ter avaliados postivamente os seminarios de formación.

Daquela, quere isto dicir que poderán dar cursos xente que non cumpra algún destes requisitos?? daquela quere dicir isto que xa daban cursos quen non era licenciado en filoloxía ou quen non fixera os seminarios correspondentes?? Penso que a resposta nos dous casos é afirmativa.

O que dixemos no seu día, aquí.

3 Comments:

  • Unha vergoña!!!

    By Anonymous Anónimo, at 11:40 da tarde  

  • Coido que podes dar os Cursos sen ser Licenciado tendo superado o Curso superior de linguaxe administrativa galega ou de linguaxe xurídica xa que según a última lexislación ap respecto administrativamente teñen a mesma validez que a licenciatura en filoloxía galega.

    By Anonymous Anónimo, at 7:51 da tarde  

  • parece que agora se van pagar as consecuencias das cousas feitas como foron deica hoxe... como di "engalego" hai validacións que converten a moita xente en potenciais dadores dos cursos. Malia todo, agardo que todos eses "funcionarios" posuidores dos títulos non se boten a exercer de profesores, porque daquela a cousa si que ía ir a peor... pero a moito peor! Quero pensar que a vontade de renovación ha pasar tamén por facer auditorías dos cursos, por avalialos obxectivamente e esas cousas.

    By Anonymous Anónimo, at 6:20 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home