Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
18.4.07Falou un ex presidenteOnte Sarille exerceu como o que é, ex presidente. Os ex presidentes ás veces poden ser tan útiles como molestos para os que lle toman o revezo. Non están, pero están. Calan moito, pero o pouco que falan non ten desperdicio, malia que se lles adoita buscar unha saída e colocación honrosas que os teña entretidos. Pasa e pasou nas altas esferas da política. Vede a González, hoxe de profesion conferenciante, que de cando en vez aínda solta algunha ben boa e tempo lle custou que Zapatero lle entrara polos ollos. Vede a Aznar que desde a súa FAES e prepotencia particular non dá saído do lombo de Mariano e provoca vergonza allea menos para os seus fregueses. Ou vede ao propio Fraga que se empeñou en ir a Madrid e aínda hoxe anda a facer traballiños preelectorais polas Américas. Permítense, coa experiencia que acumulan e desde a súa independencia, tocar as teclas que desexan, apuntar os males, os vicios e as trampas. E onte foi precisamente iso o que fixo Sarille. Sen medias palabras pero con moi poucas dixo, nun breve artigo e finamente, que imos de cu, que as árbores impídenlles a algúns ver as fragas, que moito ruído e poucas noces, que na política lingüística galega os que estiveron van camiño de poder entoar aquilo de outros virán que bo me farán... Deus lle garde a vista ao Sarille, ben por el!!!
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home