Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

25.4.07

Galego coma ti


Dubidei o seu en se facía ben en lle dar publicidade a páxinas coma esta temendo que se me fose remexer o estómago, irritar o colon, ser sorprendido por unha psoríase rabuda ou ter unha mingua no apetito sexual. Ben pensado decidín mencionala pois no fondo é deses sitios onde xa sabes que te vas topar forofos dun e doutro bando a esgalla, pero as risas co que alí se comenta e di están garantidas. É deses sitios onde un pode atopar unha visitante que se fai chamar "Coruñesa, gallega, española, europea" ou onde outro visitante ten especial interese en coñecer o correo de Anxo Quintana (homiño de deus entra na páxina da Vicepresidencia!!!). Ah!! e a última: esa comparanza do novo decreto coas aeroliñas de baixo custo hai que recoñecer que é moi boa e ten o seu aquel.