Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

8.7.08

Lalala


2008 ano tráxico: descóbrese que Massiel e o seu La,la,la gañaron Eurovisión con votos mercados; o Concello da Coruña dáse por vencido e tira a toalla na súa loita que parecía eterna... A este paso, quen vos di que á nota musical non lle fan a festa como lla fixeron a Plutón e a baixan de categoría na escala?
Sempre quedará David Tavare (por certo quen está ao mando do iate? non sei, non sei... sabedes se Paco Vázquez tiña título de patrón de embarcación ou algo así?)

1 Comments:

Enviar um comentário

<< Home