Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

30.6.08

Non entendo nada

Cal se supón que é a noticia? Que o persoal da Xunta reciba cursos? que os reciba de linguaxe administrativa? que os reciba en lingua galega? ou é que xa entraron os bolseiros de verán e coouse descaradamente a nota de prensa da Xunta.

En fin, o da Voz dá para facer un blog á parte... recollen, engradecen e crean supostas polémicas e fan da anécdota noticia.
Patético.