Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

23.1.10

Alberto, Lo que necesitas es amor


Ai Alberto, Alberto que me la has enamorado!!!! Que ela foi dura contigo, pero iso só era unha táctica para que te fixases nela. Que cho avisei. Unha muller que che escribe cartas co Tears In Heaven de Eric Clapton de fondo só pode significar unha cousa.

Mira a epístola que che puxo o día 20... Só un día despois de te recibir. Escoita, escoita.


Pero é que unha semana antes xa che escribira outra... Tela comendo nas mans meu!!!


Di que escoitou cousas dos teus beizos e aínda que se segue a facer a dura e a estrita, esta en canto lle digas e lle murmures ao oído o que ela quere escoitar creme que a derretes e non a sacas de Monte Pío. Pero se só hai que vela. Ese ollar da foto só pode ser dunha muller namorada!!

Lánzate, lánzate Alberto que maloserá!!!!