Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
28.1.1023.1.10Alberto, Lo que necesitas es amor
Ai Alberto, Alberto que me la has enamorado!!!! Que ela foi dura contigo, pero iso só era unha táctica para que te fixases nela. Que cho avisei. Unha muller que che escribe cartas co Tears In Heaven de Eric Clapton de fondo só pode significar unha cousa.
Mira a epístola que che puxo o día 20... Só un día despois de te recibir. Escoita, escoita. Pero é que unha semana antes xa che escribira outra... Tela comendo nas mans meu!!! Di que escoitou cousas dos teus beizos e aínda que se segue a facer a dura e a estrita, esta en canto lle digas e lle murmures ao oído o que ela quere escoitar creme que a derretes e non a sacas de Monte Pío. Pero se só hai que vela. Ese ollar da foto só pode ser dunha muller namorada!! Lánzate, lánzate Alberto que maloserá!!!! 21.1.1020.1.10Amizades perigosasAi Alberto, Alberto meu rei, que te colleron polos mesmísimos... Pasouche xa a dor? Baños de auga fría periódicos van moi ben para estes casos. Que tormento debiches pasar coitado!! Quen che ía dicir a ti que che ían ler a cartilla na Cope. Estes da Conferencia Espiscopal para seguires trepando non che van axudar moito ehh!! Pero ti non ves alma cándida que con que un Alberto lles saíse ra xa teñen dabondo? Éche ben certo que quen con nenos se deita... Ora ben, eu non sei pero esta entrevistadora, Cristina López Schlichting, quere tema contigo. Alá ti, eu non quero dicir nada... pero a caña que che deu non é normal. E ollo porque a esta muller seica lle vai o porno... Vala convidar finalmente a Galicia como lle dixeches? Ah, pillabán... unha muller que di "El inglés no viene a discusión aquí, todos estamos de acuerdo en que el inglés es la lengua latina del siglo XXI" de que outras marabillas non será capaz... Que erga a man
Que erga a man quen nos últimos días mantivo unha discusión ao redor do tema da lingua.
Que erga a man quen nos últimos días levou un desengano e unha decepción con algunha persoa do seu contorno ao escoitala falar da lingua. Que erga a man quen nos últimos días levou unha agradable sorpresa con algunha persoa do seu contorno ao escoitala falar da lingua. Que erga a man a quen por primeira vez a RAG a sorprendeu gratamente. Que erga a man quen tampouco entenda por que Cogami está na rolda de contactos da SXPL e non así outros colectivos e plataformas. Que erga a man quen tampouco gustou deses titulares simplistas de "A RAG ve pouco afecto nas bases do decreto" (nin as Bases son unha declaración amorosa, nin na comisión da Academia estaba Jesús Puente ou Isabel Gemio, nin Educación recibe audiencia na "caravana del amor"). Que erga a man quen aínda pense que a cousa pode ir a peor. Pensemos ben se compensa trasladar isto aos plenos dos concellos (estamos en desvantaxe e coa máquina de mocións de Louzán en marcha). Que erga a man quen queira saber máis sobre a vinculación de GB e a FAES. Documentos, facturas... o que sexa. Que erga a man quen nunca pensara que podiamos ter chegado a este punto. Que erga a man quen lle gustaría ter ocasión de dicirlle á cara tres cousas ben ditas a Anxo Lorenzo Que erga a man quen comece a sentir certo fastío e saturación sobre o mesmo tema. Veña, xa está, xa podedes baixalas. E agora a bailar un pouco. Que erga a man quen queira salvarse!!! Subidón, subidón!!! 19.1.10Emilio dixitA ver Emilio entoar que chapeau, que moi ben e bater as palmas perdoa que che diga pero sería demasiado xeneroso; dicirche que tarde piaches e lembrarche aquelas declaracións da última semana de campaña en que afirmabas que non pasarías "polo aro da imposición lingüística" (LVG, 23-2-2009) pois sería propio de reconrosos e coa que está a caer non é plan de quitar o caderno e saldar as débedas pendentes que teñamos por aí adiante. Así pois, emprego a táctica do si pero non que tan ben sabedes cultivades nas vosas filas; nin aplaudo, nin retruco.
18.1.10Non estouPorque me apetece, porque me peta e, sobre todo, porque as pequenas raias que indican o estado da bateria do ánimo e da paciencia van a menos dun xeito alarmante, apéteceme volver sobre este vídeo. "Se algo aprendín polo mundo é que só triunfan aqueles que teñen confianza en si mesmo. Os acomplexados nunca saen da miseria"
13.1.1012.1.10Meus pobresAi Bolechas! que infancia dura a vosa, así nunca ides medrar!! De pisar moqueta co bipartito, outra vez ao duro e mollado asfalto!!! 11.1.10Xogamos á oca?En que se parece a política lingüística que desde o goberno se nos propón ao xogo da oca? Pois se mo preguntades onte diría sen dubidar que en nada, pero mirade por onde que hoxe xa son doutra opinión. Parécense e moito. Púxome sobre a pista a lectura do artigo que hoxe nos brinda Anxo Lorenzo no decano da prensa. Seguídeme porque a partida vai estar entretida e vai ter de todo. Resulta que comezas a ler o artigo e é como xogar á oca. Nada máis saír botas o dado e consegues un 6. Pois trocotró! para a casa 12 que me vou. De ponte a ponte e tiro porque me leva a corrente!! Ou dito á galega se o preferides: De ponte a ponte e vou por auga a outra fonte!! Desde os anos oitenta, co inicio da autonomía, o modelo lingüístico da educación en Galicia estableceu como obxectivo que todo o alumnado acadase un coñecemento semellante e pleno das dúas linguas oficiais (galego e castelán) e que os centros educativos contribuísen ao mantemento e dignificación da lingua galega. Estes dous obxectivos enmarcábanse no respecto e aplicación da Constitución española, do Estatuto de autonomía de Galicia e da Lei de normalización lingüística, documentos legais que impulsaron a cooficialidade do galego e do castelán, a non discriminación por razón de lingua e a promoción activa da lingua propia de Galicia. Sen modificar ese modelo de conxunción de linguas, a Xunta de Galicia elaborou e presentoulle á sociedade galega o 30 de decembro pasado as bases para un novo decreto educativo.... Iso é o que pasa neste parágrafo. Citamos a carta magna, o Estatuto, a LNL e de repente... zas!! aparecemos no 30 de decembro de 2009 coas uvas nunha man e unhas bases de decreto na outra. No medio semella que non debeu haber nada. Nin dous decretos anteriores, nin as recomendacións do Consello Escolar de Galicia, nin os estudos que alertaban do papel desgaleguizador que estaba a xogar o ensino, nin o papel dos movementos de renovación pedagóxica... Nada de nada. É o que ten que che saia un seis nada máis saír. Se facemos un exercicio de imaxinación resulta que poderiamos seguir xogando e caer na 19. A pousada. Total que perdemos unha quenda e temos que agardar. Para pasar o rato alí ofrécennos unhas pseudoenquisas que debemos cubrir. Hai enquisas a esgalla, tanto podes cubrir unha como cincuenta. Seica teñen moito valor e responden "a un compromiso de goberno adquirido coa cidadanía", a pesar de que até agora non se lles preguntara nada aos pais nin ás nais e nunca nada pasara, pero iso pouco importa porque como nos saíu un 6 na primeira tirada, levounos a riada e non pasou nada. Seguimos a xogar e vaites, caemos na 31. Non nos toca unha oca nin á de tres!!!. Eu non quero mirar para ninguén, pero aquí debe haber un desavegososo entre nós. Que hai na 31? O pozo!!!!! No pozo, no máis fondo do pozo, é onde imos topar todo aquilo que a corrente levou por diante, incluído o consenso que xa había ou que entre todos se soubo crear. Alí abaixo tamén habemos atopar a autoridade, a profesionalidade e o criterio do profesorado, os estudos, ditames e recomendacións que desde Galicia -e non só desde Galicia- alertaban da situación do galego no ensino -e non só no ensino-, o bo uso das palabras e o respecto polo que verdadeiramente significan. Mesmo se reparades ben habedes atopar algunha sentenza do Tribunal Constitucional, o mesmo que non dá parido a sentenza do Estatut, e con cuxo nome algúns se enchen tanto a boca. E se ademais de mirar ben tendes paciencia habedes atopar dúas cousas máis: o sentido común que se perdeu hai tempo e as bondades do que nas bases e neste artigo se nos propón. Porque ter, teraas, pero só moi no fondo se lle aprecian. Máis botaduras de dados e zas!!! caemos na cela 42. O labirinto!! isto é, o envurullo, a lea, o enredo, a maraña, a confusión... na que nos vemos metidos porque unha boa tarde do mes de xuño de 2007 o PP decidiu meter a lingua na contenda electoral, facerlle caso a catro señoritos das cities galegas, retroalimentarse con Madrid, rúa Genova, Cope e Intereconomía e até hoxe. É de tal envergadura o labirinto que nin eles mesmos saben saír del. Próxima parada? pois un golpe de sorte fainos evitar a cela 52 que vén sendo o cárcere e que só pode ser sinónimo de conflito. Como unha hipotética denuncia ou impugnación nunca iría polo Penal non hai risco de que ninguén vaia para A Lama ou O Pereiro de Aguiar, pero en todo caso isto só pode presaxiar que a cousa só pode acabar na cela 58. Ou sexa mal... ou quizais ben, porque tocaría volver comezar. Retiremos estas bases porque non, non é un decreto necesario, non contenta a ninguén, non é aplicable, non é real e non facía falta se non se traspasasen unhas liñas vermellas que parecían ben esteadas, coñecidas e asumidas por todos.
8.1.101.1.10
|