O Celta en galego

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
12.7.06O Celta en galego![]() Este moucho sobrevoa Balaídos e gústalle o que escoita. O ex-presidente Horacio caracterízabase por falar galego só na Radio Galega pero, por unha estraña razón que descoñezo, nunca se deixaba ver dándolle á lingua na TVG. Agora, cos últimos cambios habidos seica ao galego de Castrofeito de Fernando Vázquez, váiselle unir o do novo director xeral, e ex-vicerreitor, Xabier Martínez. Dinme que pode ser el quen estea detrás de, por exemplo, a publicidade do club (en prensa e radio) comece a estar en galego. Que cunda o exemplo e non decaia... Queda galeguizar a páxina web, aumentar o número de xogadores galegos... pero o camiño parece encetado. Máis sobre lingua e deporte: sinxelo pero moi interesante o informe que os ciberirmandiños nos ofrecen sobre o uso da lingua nos webs das federacións deportivas galegas. Cumprirían máis informes deste tipo.
|
1 Comments:
Ogallá pasase iso tamén co Deportivo, pero dáme que non :-(
By
Anónimo, at 4:14 da tarde
Enviar um comentário
<< Home