Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

13.5.07

Inimigos


Pois claro que hai moitos inimigos señor Barreiro e o peor, se cadra, é que non todos son tan coñecidos como o Vázquez ou o Juncal, senón persoas anónimas, coñecidas unicamente nas súas casas á hora de xantar. Téñoo dito máis veces, nunca crin niso das actitudes espléndidas cara ao galego. A indiferenza pode agochar hostilidade e a esta pode serlle máis rendible aparentar indiferenza.