Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

3.5.07

Adeus manifa, adeus!


Un clásico da axenda de todos os anos que cae, que desaparece. A Mesa deixa de convocar a manifestación xeral do día das letras e diversifica as súas accións polas comarcas galegas. Realmente a decisión parece atinada. As manifestacións convertéranse no punto de encontro dos de sempre. Un bo momento para organizar xantares, ver como medran os mouchiños dos amigos ou ver como leva as opos aquel colega teu da facultade, mais era difícil ver o veciño do quinto, ou esa señora que sempre topas na panadaría á mesma hora, ou aquel fontaneiro que por amañar unha billa che limpou 35 euros, ou esa moza feituca dos pantalóns verdes que ves suar no ximnasio todos os mércores. Non nos enganemos: eramos sempre, os mesmos de sempre!!


Mágoa que seguramente se reuniramos todos os lemas destes anos, todos eles seguirían aínda vixentes. Con todo, un bo xeito de comezar a repensar o día 17, A Mesa xa o fixo, tócalle a outros facer o mesmo.

1 Comments:

  • Convidado a facer, se queres, o test de Proust...

    By Anonymous Anónimo, at 10:38 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home