Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

18.5.07

Linguas cruzadas


Unha obra sociolingüística imprescindible. Debería distribuírse en dvd, substituír nos andeis os tres volumes do mapa sociolingüístico e poñelo ao pé do volume O galego segundo a mocidade pois vén sendo a súa banda sonora.
Este moucho quédase coa frase coa que remata: "Eu creo simplemente que os pais llo falen aos fillos".