
O moucho entra en campaña e quen sabe se de aquí ao domingo aínda hai tempo de deitar unhas cantas olladas repartidiñas. Comecemos polo
Partido Galeguista que compaxina esta imaxe dispoñible no seu web con un candidato como Carlos Marcos, do que xa temos
falado, que ten un
web que entra por defecto en castelán, cunha enquisa que pregunta sobre en que lingua deberían expresarse os organismos públicos da cidade (enquisa na que se pode participar, pero da que non se saben os resultados) e que lle agocha o artigo lexítimo ao topónimo.
Unha estraña mestura nun estraño partido: Estratexia electoral, renuncia á hipocrisia moi propia destas datas, mala conciencia e boa dose de localismo.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home