Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
13.7.08Máis sobre a EGUA este moucho de pequeno ensináronlle a facer marcas nos cadernos e nos libros: nos cadernos para cando había que facer unha redacción de X liñas, un primeiro contaba as liñas que eran e sinalaba a liña que debería ser a última; nos libros para saber onde quedaba un lendo, dobrábase lixeiramente un recunchiño da folla en cuestión e listo (daquela, sonvos moi vello, non se levaba tanto o dos marcapáxinas...). Pois ben, unha marca deste estilo é a que boto de menos na recentemente posta en rede EGU; por que entre as súas entradas atopo cousas como estructura e servizo? diferencia e ao mesmo tempo presenza? A que vai ser que temos unha enciclopedia de dous sabores, metade normativa, metade non-normativa? Onde está a marquiña que separe o feito antes e despois de xullo de 2003? Iso avísase Bieito!!! Claro, facer unha enciclopedia leva o seu tempo, por suposto (que llelo digan aos que agardaron por teren todos os volumes), e en facéndoa pillounos a cachimba da paz do 2003. Mais, á hora de póla en liña tempo tiveron de facer no texto as correccións oportunas, non si? Co fácil que era pasarlle unha macro ou un script que limpara o texto de grupos cultos nun amén, así como facer as buscas automáticas que cumprisen. A cousa debe andarvos pola letra i, se as miñas peritaxes non me enganan, palabra arriba, palabra abaixo a marquiña habería que póla por irreductible. Que a prensa amarela galega saia xa con eses titulares: "La EGU online está sin actualizar a la nueva normativa" (La Voz de Galicia); "Industria financia una obra en red que no incluye los últimos cambios normativos" (El Correo Gallego); "A editorial incide en que se trata dunha versión beta" (Galicia Hoxe)
|
3 Comments:
Estructura é un erro, pero servizo?
By Anónimo, at 11:05 da tarde
cau: "servizo" non é un erro. O que intenta plasmar o artigo é precisamente que non hai un criterio ortográfico unificado, senón que se mesturan o galego a.C e o galego d.C (antes e despois da Concordia).
Unha mostra máis de bo facer editorial e profesionalidade.
By Anónimo, at 4:12 da tarde
así é anónimo, así é, a prosa mouchiana é mellorable, sen dúbida, mais que aburrido sería ser máis directos e titular: "A EGU está sen actualizar".
saúdos.-
By omouchoasexante, at 1:58 da tarde
Enviar um comentário
<< Home