Máis sobre as opos e a lingua
As probas de acceso á función pública e o tratamento da lingua seguen dando que falar e moito que escribir no blogomillo. As pombas das que falaba o sábado confírmanme o xa dito: incumprindo xa non a Orde de convocatoria, senón a instrución ditada posteriormente, a petición expresa da lingua dos cuestionarios non era só para aqueles que o desexaban en castelán, senón para todo o mundo.
Como quere o descafeinado, de sobre ou máquina? Pois tal cal... Unha chapuza nas formas e un escándalo no fondo.
Outro dato: a lingua da speaker que lles daba as instrucións aos aspirantes (suponse que a presidenta dun tribunal), seica de vergonza allea e de xulgado de garda (non sei se contra ela ou contra quen lle expediu os diplomas de perfeccionamento e/ou linguaxe administrativa que seguramente posúe). Era incapaz de pronunciar as cantidades e os verbos compostos inzaban o seu discurso. Por favor repensemos o dos cursos...
Reprodución literal dunha pregunta do exame para subalternos:
21. O orzamento da Comunidade Autónoma:
a) O elabora, controla e aproba o Parlamento de Galicia.
b) O elabora a Xunta ou Goberno e as Deputacións Provinciais e o aproba o Parlamento de Galicia.
c) O elabora, controla e aproba a Xunta de Galicia.
d) O elabora a Xunta ou Goberno, e o aproba e controla o Parlamento de Galicia.
Pero estes de San Caetano non tiñan un tradutor automático ben xeitoso? (cónstame que aberracións coma esta non as comete). A pregunta en si sería impugnable por incorrección lingüística? Por certo, aínda que para o tema que nos ocupa é o de menos, a resposta correcta é a d).
Ligazóns onde falan do mesmo:
1 Comments:
unha vergonza. despois a culpa tena a escola, témola todos e todas quen fomos alí e non pedimos o exame en galego.
nun tribunal da selectividade o presidente preguntou en castelán, hay alguien que quiera el examen de filosofía en gallego , esque vienen en hojas separadas y así lla no lo repartimos." pois media clase ergueu a man. así había ser aí tamén e outro galo nos cantara.
By Anónimo, at 11:52 da tarde
Enviar um comentário
<< Home