O Scattergories de Touriño

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Powered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
28.7.06O Scattergories de Touriño![]() Seica a Touriño lle gusta a denominación "nazón de Breogán" para o Estatuto e vai ti saber se a Quintana tampouco lle ha parecer mal. O aval está no propio himno do país (o mesmo que Touriño rosmaba polo baixo hai ben pouco). Iso si, postos a recuperar vellas denominacións barallemos tamén con Gallaecia, Regnum Suevorum ou Reyno de Galliza por citar só tres exemplos. E se lle imos meter man ás deputacións pensemos o de volver aos vellos conventus (sempre e cando os veciños administrativos nos deixen). A cousa ten o seu aquel, parece un exemplo máis do si pero non tan típico dalgunhas forzas políticas, non usamos nación para que parte do electorado non se asuste, senón un termo que se lle parece, unha sorte de sucedáneo lingüístico traído doutro tempo, que nos liga co pasado e cos antergos blablabla... e que pode resultar mellor de vender. A Beramendi, no último número de Tempos, sinxelamente lle parece de fábula tentar trasladar unha fórmula dun himno a unha norma xurídica. Con todo, se a fábula segue adiante pois este moucho lembra que a Constitución no seu artigo 147 di que: "os Estatutos de autonomía deberán conter a denominación da Comunidade que mellor corresponda á súa identidade histórica". Pois perfecto: aceptamos nazón de Breogán como definición, recuperamos Galiza como única forma para o país e o Scattergories para Touriño (ou deixámosllo quedar a Núñez Feijoo?).
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home