Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

15.7.06

De Constantino a Yolanda


Este moucho segue enfiando a sesta co Cifras e letras e fóra dalgunha decisión na que media o dicionario laranxa de referencia que me perturba, observo que ultimamente a profe Yolanda non só fai de lingüista cos concursantes, senón que máis ou menos disimuladamente vai soltando pílulas didácticas sobre a lingua galega.
Pois perfecto, entre aquel Cousas da lingua con Constantino García fumando a súa cachimba e Yolanda Castaño non hai cor, se ademais Yolanda pronuncia as velares e todo...