Tanto querer, tanto querer...

| Galegolandia | 
| 
 | 
| . : Eu son... : . 
 Crea a túa chapa . : Olladas recentes : . 
 
 . : Olladas que foron : . 
fevereiro 2006 . : En construción : . 
 . : En construción : . 
 | . : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non...  
 - A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...  
 - O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Powered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. | |
| 22.5.07Tanto querer, tanto querer... Seguimos en campaña: tócache Feijoo. Dicías a semana pasada co gallo das letras que á lingua galega había que quererlle e non impoñela. Mira ho, sen entrar xa nisto último, eu quérolle á miña parella, a meus pais, a meu irmán, aos meus amigos, a algún veciño, á panadeira que lle me bota pouca cebola ás empanadas que lle encargo e pouco máis... Á lingua o que se di quererlle, quererlle... á lingua quéroa que é distinto. Quéroa para usala, para me comunicar, para vivir nela, para quererlle a todas esas persoas que che dixen antes. Pillas a diferenza? Pois iso. 
 | 
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home