Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
31.10.07SMS fúnebreIsto de enviar o teu epitafio e recibilo no móbil non sei non sei, parece que dá algo de repelús... "Toda unha vida e aquí vos estou"
25.10.07Costa abaixoMediando un licor café e nunha charla con mouchos amigos, suscítase a seguinte reflexión: non necesariamente os chamados gobernos de progreso no ámbito local son sinónimo de maior uso da lingua polos representantes elixidos. Está a pasar en cidades como A Coruña ou Vigo e nalgunha vila grandeira. Os socialistas desmárcanse e tenden a empregar nas súas intervencións públicas o castelán. O razoamento que manexan é moi sinxelo: somos maioritariamente castelanfalantes (ou cando menos non somos monolingües en galego), a xente é sabedora diso, polo que saír en público falando galego pode ser visto como unha mostra de debilidade. De aceptar unha imposición do socio de goberno.
Mirade por onde o tan cacarexado uso ritual da lingua por parte dos políticos comezar a perder folgos. 19.10.07Boa fin de semanaVeña, como non todo vai ser Carod nesta vida e o moucho está un pouco ocioso, velaí tendes unha carallada electrónica coa que gastar un minuto... 18.10.07Carod, Ónega e as liñas vermellasImos ir pechando o tema Carod, aínda que moito me temo que vai ser deses momentos televisivos que perduran e darán moito que falar. O Ónega na Voz xa o compara co de Umbral e o seu libro, claro que o mesmo xornalista despois pérdese quitando o tema dos correctores ortográficos nos procesadores de textos. Fernando Ónega debe pensar que só hai correctores para o castelán e debe descoñecer que estes se poden desactivar cando non fan falta para que así non incordien... Que alguén o poña ao día, lle mande un curso de Word ou directamente que visite esta páxina collida ao chou das moitas que hai. Remítovos a esta carta ao director (a primeira delas) aparecida hoxe e morra o conto.
17.10.07Respecto (3)E que me dicides de Sagrario Pérez Saldaña?? tiña a noite faltona ehh!! lembroume a esas vellas moi postas elas que os domingos sempre chegaban tarde a misa para que as viran co traxe e peiteado novo, e como non tiñan sitio comezaban a furar polos bancos, facéndose notar até que este moucho, por indicacións de mamá moucha, se erguía e lles deixaba o sitio. Puff, había tempo que non vía unha señora así, ben en verdade hai tempo que non vou a misa... E Carod que?? nin que lera Galegolandia?? desde onte xa me cae menos mal. Definitivamente fan falta máis tipos coma el e co seu mesmo discurso e en Galicia sobran señoras coma a do programa (e non o digo pola anécdota da misa).
Respecto (2)E agora xa temos o documento gráfico... ai Lorenzo Guerra Salcedo que pensabamos que eras médico e despois resulta que non, que só sabemos de ti que es de Valladolid, solteiro e coa cabeciña cheíña de prexuízos eh!!! Vente para Galicia home!! Faite tangallego e anima esa cara!!! 15.10.07SNL ventureirosCo outono chegan os cogomelos, chegan as castañas... e chegan os SNL subvencionados a eito. Sen control, sen organización, sen manual de tarefas mínimas para realizar no que dure a subvención. Contáronme que hai sitios que contratan os técnicos a pares para xustificar e que co boom da Secundaria o quilo de filólogo galego escasea e vai moi caro conseguilo. Conclusión: moitas subvencións, aquelas de creación do Servizo, serán devoltas. A última: nun concello a encomenda que lle tiñan preparada ao futurible era traducir as actas dos plenos, pero non as de onte nin antonte. Non, non, seica o concelleiro, experto el, quería que comezase aló polo 1900. Aí é nada.
14.10.07Ao fondo á dereitaO moucho sae de marcha. Moito reggeaton, moito Bon Sinclair, moito alcol nas copas, moita nena mona pero moi pouquiñas soas... Achégaseme un rapas, que onde están os baños, parece apurado, ao fondo á direita responde o moucho (onde acostuman...). O ghicho non entende, que non é de aquí, de Palencia ou de Valencia di ser. Nin o entendo, nin me importa, o caso é que lle hai que traducir a localización do mexadoiro, pero abofé que para a próxima, como me colla revirado, mexa por si. E aquí me tendes ás seis e pico da mañá, sen plan e contándovolo. 12.10.07Efecto Gadis?Como na familia moucha non hai Pilar ningunha, pois hoxe non hai nada que celebrar e aquí vos estamos. E di este moucho: poderíase falar de tal efecto Gadis?? desde logo o anuncio non pasou desapercibido, o cal é sinónimo de que non todo o que se escoita del teña que ser necesariamente bo. O anuncio sorprende, chama a atención e cando se sabe a empresa que está detrás aínda maís: "pensei que era o anuncio do Bloque" chegou a escoitar este moucho. O caso é que estes días se poñedes a radio podedes escoitar tamén un anuncio da rede galega de concesionarios da Opel en galego, con fonética galega, utilizando o termo Galiza e apelando a non sei que característica dos galegos de falarmos moi rápido. Como era aquela frase? algo se move en Galicia que rompe tópicos? Algo se move na publicidade en Galicia??
11.10.0710.10.07594 775 eurazosEsa é a cifra destinada á normalización lingüística en distintos xornais por parte da SXPL. Ollo a cadanseu cheque de 150000 para La Voz, o Faro e o LV (este último a verdade a min non me doe tanto, pero quizais habería que ir poñéndolle unhas comiñas ao de "gratuíto"). Xa non digo nada, nin computo os 40 000 euros para ABC SL que todos sabemos que xornal edita, pois na resolución non apareza mencionado tal xornal. Vexamos en que o gastan todos eles, en que o invisten, en que se nota. Sobre todo iso, que se note (e non falo de pagar favores a custa da lingua)!!!!
No DOG, para que?? (2)Dou conta dun correo recibido no que se lle explica a este moucho que se o BNG teima tanto en pasar as Normas polo manto do DOG é polo tema do nome do país, e que por este mesmo motivo socialistas e populares foron da man. Dito queda, pero este moucho segue sendo da idea de que mentres o tema non o collan xuristas, non teñamos claro ata onde chegan a potestade da RAG, o Goberno non se posicione de xeito exclusivo e independente acerca de Galicia-Galiza, mentres non consensuemos o que significa a disposición adicional da LNL e queden claros os lindes norma-oficialidade-DOG... todo o que se diga é lei de Berto e derivados.
9.10.07No DOG, para que??Non entendo a teima do BNG por publicar as Normas no DOG. As Normas están ou estiveron dispoñibles en varios sitios da rede (SXPL, AS-PG...), houbo versións resumindo os cambios e mesmo antes da súa publicación por parte do único ente que as debería publicar, ou sexa a RAG, xa foran adiantadas por todo un experto en facelo nunha manobra editorial inédita que non sentara moi ben na rúa Tabernas. Que necesidade de seguir insistindo, catro anos depois, no seu paso polo DOG?? Queremos, acaso, reabrir o conflito? É que hai alguén aínda insatisfeito?? Centrémonos no que nos temos que centrar: o mellor xeito de difundir as Normas e facendo que as rúas se enchan de librarías e ferraxarías, os xulgados de sentenzas e as empresas de servizos de todo tipo. Esa é a presenza que este moucho quere para o seu idioma. Non a do DOG. 7.10.07Ensinemos dentesDerogar a LNL do 1983!!!! agora saen con esas, xa non lles chega co decreto deste ano... xa postos deroguemos o Estatuto e suspendamos a Autonomía!!! Pero, onde estivo esta xentalla estes vinte e tantos anos? Cada vez téñoo máis claro: agochados, trabando a lingua porque quen gobernaba era o mesmo que o que lles levaba o voto e estaba mal desentoar. Para eles, galego é a denominación de orixe do viño e do queixo, entre outros, e Galicia ese recanto noroeste polo que comezan todas as guías de estradas.
O recurso da Pantoja nin vos conto... En todo caso que sigan nesta liña, que se ridiculicen eles mesmos. Nós, ensinemos dentes que seguro que lles fode. 6.10.075.10.072.10.07PiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiUnha maldade: se por cada pronome mal colocado que se lles escoita aos políticos nun debate do estado da Nación, soase un pitido aquilo parecería os resumos do Gran Hermano; se Zapatero lle engadise un millón de euros á partida destinada inicialmente a Galicia, os 2000 millóns superaríanse sobexamente, o AVE xa o teriamos ás portas e tamén escoitariamos o seu pitar.
Como ningún dos dous supostos se dá, os únicos pitidos que oe este moucho son os dos seus propios oídos diante da televisión.
|