Eu si apoio a Marisol

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Powered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
28.12.06Eu si apoio a Marisol![]() Outra primicia d'omouchoasexante: pescudo polos corredores institucionais de San Caetano e descubro que o goberno de Touriño vai poñer na rúa a comezos de ano camisolas coma as da imaxe en apoio a Marisol López, a xefa da política lingüística galega. A idea lévase xestando hai tempo á vista da mala imaxe e recelos que a secretaria esperta no seu sector e en función do éxito non se descarta poñela en práctica con outros cargos políticos pouco coñecidos ou cuxa xestión está a ser cuestionada xa antes do ecuador da lexislatura. Ao parecer a iniciativa non é nova, senón que xa foi probada con éxito polo candidato republicano ao goberno finés na última cita electoral na que contra todo prognóstico conseguiu revalidar a presidencia logo de inzar as rúas finesas con máis de 65000 camisolas en apoio seu. Responsables socialistas de comunicación e imaxe da Xunta, logo da viaxe a Finlandia onde xuntaron información de primeira man sobre a elaboración e lanzamento dunha campaña destas características, e unha vez que obtiveron o visto e prace de Ferraz (en especial de José Blanco, o pai do ZP), están decididos a poñela en práctica en Galicia no vindeiro mes de xaneiro. Aseguran que o obxectivo da campaña é triple: mellorar a imaxe da destinataria da mensaxe, converter en noticia a súa área de goberno e crear un efecto de empatía sobre ambas. Agora mesmo seica se está a negociar con empresas galegas tipo Rei Zentolo ou Vaca Lactea co fin de mellorar o deseño da camisola (cuxos primeiros deseños adianta este moucho) e garantir unha boa distribución por todo o país. Está previsto que as haxa en varias cores e tallas, en versión masculina e feminina e tamén en varios modelos axeitados a cada época do ano. Mesmo xa hai tamén rascuños doutras prendas como é o caso de calzóns para eles e tangas para elas.
|
2 Comments:
Ha, ha, ha!!!!! Moi boa idea moucho, aínda que eu non sei se terán moito éxito. Visto é que as camisetas con mensaxe atraen a moita xente, pero levar a semellante espantallo de muller no peito... non sei, non sei... Dáme que nin con esas vai obter éxito esta muller, demasiadas aduanadas anda facendo... ai, se o día que a pariron nacese un porco que bo sanmartiño se facía!!!!
By
Anónimo, at 12:19 da tarde
Ben, tratándose do día que é, imos tomar a ollada como o que é e mellor se o facemos sen faltar o respecto ou dicir barbaridades, de acordo:-)?
bo día.-
By
omouchoasexante, at 3:11 da tarde
Enviar um comentário
<< Home