Feliz ano 2007!!!!!!
Pois iso, feliz ano a todos!!!
E se non vos chega coa felicitación deste moucho, pois aí vai a de Mafalda que é moi sabia.
Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
31.12.06Feliz ano 2007!!!!!!Pois iso, feliz ano a todos!!! E se non vos chega coa felicitación deste moucho, pois aí vai a de Mafalda que é moi sabia. 30.12.06Tecer e destecerAparece un novo personaxe en escena e reaparece outra volta esa sensación de volver comezar, de que por cada paso adiante se dan dous para atrás, de que o que custa tanto tecer o último en chegar destéceo coma se nada... Así non hai quen faga xersei ningún.
29.12.06Non todo valeDoe un tanto dicilo pero non por ser o único xornal (de pago) en galego imos botar o ollar cara a outro lado. Até agora preguntábame a que hora pecharía a redacción o Galicia Hoxe, pois, por poñer un exemplo, os luns é imposible saber o resultado de moitos dos encontros da xornada de futbol. Xa acontecía cando era O Correo Galego e este moucho lémbrase de cando certo atentado terrorista acontecido un domingo ás oito do serán non foi recollido polo xornal do Preguntoiro até o martes seguinte. Á hora da merenda péchana? Agora resulta que tamén imos con atraso nisto das inocentadas e hoxe mesmo recollen a feita por Vieiros onte, si hoxe mesmo, día 29. Na normalización da lingua non vale todo e un euro no quiosco é exactamente iso un euro e hai moito onde investilo... Da inxenuidade xa non digo nada...
28.12.06Eu si apoio a MarisolOutra primicia d'omouchoasexante: pescudo polos corredores institucionais de San Caetano e descubro que o goberno de Touriño vai poñer na rúa a comezos de ano camisolas coma as da imaxe en apoio a Marisol López, a xefa da política lingüística galega. A idea lévase xestando hai tempo á vista da mala imaxe e recelos que a secretaria esperta no seu sector e en función do éxito non se descarta poñela en práctica con outros cargos políticos pouco coñecidos ou cuxa xestión está a ser cuestionada xa antes do ecuador da lexislatura. Ao parecer a iniciativa non é nova, senón que xa foi probada con éxito polo candidato republicano ao goberno finés na última cita electoral na que contra todo prognóstico conseguiu revalidar a presidencia logo de inzar as rúas finesas con máis de 65000 camisolas en apoio seu. Responsables socialistas de comunicación e imaxe da Xunta, logo da viaxe a Finlandia onde xuntaron información de primeira man sobre a elaboración e lanzamento dunha campaña destas características, e unha vez que obtiveron o visto e prace de Ferraz (en especial de José Blanco, o pai do ZP), están decididos a poñela en práctica en Galicia no vindeiro mes de xaneiro. Aseguran que o obxectivo da campaña é triple: mellorar a imaxe da destinataria da mensaxe, converter en noticia a súa área de goberno e crear un efecto de empatía sobre ambas. Agora mesmo seica se está a negociar con empresas galegas tipo Rei Zentolo ou Vaca Lactea co fin de mellorar o deseño da camisola (cuxos primeiros deseños adianta este moucho) e garantir unha boa distribución por todo o país. Está previsto que as haxa en varias cores e tallas, en versión masculina e feminina e tamén en varios modelos axeitados a cada época do ano. Mesmo xa hai tamén rascuños doutras prendas como é o caso de calzóns para eles e tangas para elas.
27.12.06Pois iso, saúde que non falteEntro na páxina da SXPL (a mesma que no seu día me atrevín a rebautizar SXTAL) e tópome con esta felicitación de nadal cuxa mensaxe é un lacónico "Moita saúde" acompañado de foguetes a esgalla non moi propios desta época certamente. En si valería perfectamente para colgar do web do Sergas, mais tamén podería ser unha mensaxe subliminal. Pensemos, popularmente o día da saúde foi o 22 deste mes xa que cando un comproba que non lle tocou a lotaría adoita ser a palabra máis socorrida ("O importante é ter saúde" dise). Pois iso, moita saúde para todos que con esta SXPL tampouco é que nos tocara lotaría ningunha. E para que non me chamedes malo, da estrela de cinco puntas cara a arriba xa non digo ren...
26.12.06Galego sen etiquetas, por favorTodo son parabéns á posta en marcha do xornal gratuíto De luns a venres que imos abreviar en LV a secas. Vén sendo o agasallo de nadal que os galegofalantes do país agardamos poder desenvurullar todas as mañás. Boa calidade de lingua, deseño limpo, abundantes noticias... nada ten que envexarlle aos compañeiros de ruta. Entre esas felicitacións chámame a atención o d'A Mesa: emprega o verbo parabenizar (aí é nada...), pero a miña ollada vai para o seguinte parágrafo que copio e pego Coa finalidade de amosar publicamente os seus parabéns, contribuír no posíbel ao seu coñecemento e difusión e aproveitar para reivindicar unha maior presenza do galego nos medios de comunicación en Galiza, A Mesa desenvolverá unha campaña social de benvinda a LV polas sete principais cidades do país a partir deste próximo mes de xaneiro. E este moucho pregúntase, hai necesidade de facer tal cousa? Descoñezo en que termos se vai producir esa campaña social e se esta conta co acordo da empresa editora, mais se LV é como parece un proxecto froito da iniciativa privada que aspira a vivir da publicidade debería ser o aparello empresarial que o sustenta o que leve a cabo as accións publicitarias e de difusión que estime oportunas. E digo isto non porque me preocupe que A Mesa gaste o seu tempo e esforzos nisto e non noutras tarefas, senón polas etiquetas que se lle poidan colgar ao xornal resultado da intervención de Callón e compañía. Se algo fai falta nisto do galego son proxectos espontáneos que non nazan ligados aos cartos públicos en forma de subvención nin sexan o altofalante ou aparello de ideas políticas... e a estas alturas, non os enganemos, todos sabemos quen ocupa o número 15 da rúa do Vilar compostelá polo que calquera inxerencia podería provocar que se colgasen etiquetas sospeito que nin buscadas nin necesarias.
24.12.06Ai Dolores, ai Dolores...Di Dolores Villarino, a presidenta do Parlamento que un xa non sabe se está en xira para dar a coñecer o Parlamento ou a ela mesma, que non amoestaría a ninguén por non falar en galego e a seguir valora "mucho el esfuerzo ímprobo de algunos parlamentarios y miembros del Gobierno por hacer sus intervenciones en nuestra lengua." O esforzo é outra cousa caramba.
Con declaracións coma estas a un ocorréselle que os galegofalantes debemos ser superdotados, posuidores dunha mente privilexiada, algo así como uns escollidos capaces de manexar gramáticas complicadas e ignotas coma as do galego, ás que os parlamentarios non poden acceder porque o inxente traballo físico e mental que han de desenvolver non lles deixa tempo nin sosego para dominala. Lamatumbá canta "Ai Dolores, ai Dolores, con que te lavas a cara..." 22.12.06Galegolandia en PDF. Especial NadalVaise o 2006, chegan as festas e omouchoasexante déixavos o seu volume 4 do Galegolandia en pedefe. As últimas olladas, unha carta aos reis de Oriente e unha entrevista imposible á profesora do Cifra e letras... e algún que outro detalliño máis. Preme aquí e boas festas!!!!!!
21.12.06Longa Vida ao LV!!!!Parabéns pola iniciativa, o deseño e ese primeiro número que aí está desde hoxe na rúa das sete cidades galegas... a competencia é moita, catro a un concretamente, pero que a lingua galega se sume á puxante prensa gratuíta é unha boa nova, si señor. Longa Vida ao LV!!!!!!!
17.12.06A lectoescrituraTeño as miñas dúbidas de que a lectoescritura vaia ser a panacea do galego no ensino. Suporá un avance, non o dubido, mais xa hoxe é posible ver cativos aprendendo a ler e escribir que asocian o galego cos contos e as fichas escolares, pero son incapaces de falar galego porque na casa non llo falan nin é a lingua dos recreos e as merendas. Non nos esquezamos da competencia comunicativa por favor.
16.12.06Outra ocasión perdidaMágoa que os de Tempos non colgaran na rede (e sospeito que a estas alturas xa non o farán) o artigo de Xurxo Fernández sobre a oitava edición do Congreso Internacional de Estudos Galegos celebrado en Baia hai uns meses. Mágoa porque o autor xa no título o adianta todo: "Outra oportunidade perdida". Descoñezo canto lle custa ás administracións (galega, universitaria...) organizar e soster un evento destas características, pero bótase en falta que un encontro así sirva para pouco máis que para o lucimento das vacas sagradas de sempre e o adestramento dos bolseiros e novos investigadores diante dun micrófono e dun auditorio. Hai que ir ao Brasil para ler un relatorio que podería ser lido en calquera salón de graos dunha facultade galega? De eventos destas características deberían saír propostas de novos proxectos e estudos, acordos e convenios de relevancia, vieiros e planificación cara ao futuro... e non estou a falar unicamente para o terreo lingüístico ou literario que son os que priman. O web desta última edición xa non está dispoñible o que fai pensar que nin conclusións debeu haber. En definitiva, algo que conecte unha edición con outra. Mentres isto non se corrixa o que temos é unha especie de turismo de powerpoint, souvenirs na maleta e batalliñas que contar para a cea de fin de curso.
13.12.06O tirapuxa de sempreO debate do novo decreto para o ensino non universitario leva trazas de se converter no típico tirapuxa de sempre co BNG e PP a cada estrema da corda e os socialistas no medio marcando por onde pasa a raia.
11.12.06Ben por Eva!!!!
Por certo o Risto Mejide ese é galego non si? Evaristo Meixide quizais?
Que susto!!!!!Mi madriña que susto levei!!! non vexades o chimpo que me deu o corazón ao ver a pequerrecha noticia da imaxe no Que!. "Adios ríos, adios López" titúlase, sigo lendo e vexo que López é López Martínez, ou sexa a nosa López, Marisol, a secretaria, si a mesma... por uns segundos pensei que a cesaran, que dimitira, que abandonaba, que entoaba o aí vos quedades, aí vos quedades... Mi madriña que susto!!!!! (que non, que disgusto)
9.12.06Protestóns e inxenuosCóntanme que agora que temos edición galega do xornal de Polanco e Cebrián as súas caixas de correo (a postal e mais a electrónica) andan ateigadas de misivas sobre se galego si ou galego non, sobre se máis galego ou menos galego. Ao meu ver estas cartas só poden ser obra de protestóns ou de inxenuos que coinciden, iso si, no entusiasmo co que reciben o desembarco dos da Gran Vía en Galicia (curioso que desembarquen agora cando goberna un socialista, mentres que na longa noite de pedra fraguiana permaneceron inéditos...).
Protestóns aqueles que se queixan de que haxa algún artigo de opinión en galego e xa anuncian que len todo menos iso: "yo al Rivas me lo salto" pouco menos que viña dicir unha carta da semana pasada. Inxenuos (e demasiado esixentes) aqueles que esperan a que unha empresa de Madrid, por moito que se apele ao seu progresismo, cun xornal de 30 anos faga o que non leva feito unha empresa galega que conta xa 125 e xa todos sabemos de quen falamos. Que un Eroski estea máis galeguizado que un Gadis ou que La Caixa abrira o camiño da galeguización das caixas de aforro, non nos debería levar a esperar que sempre han ser os de fóra os que dean o primeiro paso. 8.12.06SXPL non, SXTALDa tradución automática este moucho xa dixo todo o que tiña para dicir: aquí, aquí, aquí e mais aquí. E non teño intención ningunha de me repetir. Xa que agora se vai repartir o tradutor coma as participacións de lotaría nestas datas, só pido que á SXPL pase a ser a SXTAL: Secretaría Xeral para a Tradución Automática da Lingua. Encargos e pedidos en:
SECRETARÍA XERAL Mª Sol López Martínez Secretaria Xeral Tel.: 981 545 435 - Fax: 981 544 424 Correo-e: sxpl.secretaria@xunta.es 6.12.06Filólogo galego, unha especie en extinción?Os filólogos galegos escasean ou, mellor dito, os futuros candidatos a filólogos galegos. En Vigo seica te pos a contar e sobran dedos da man, en Santiago os últimos anos nas aulas adoitaba haber máis cadeiras baleiras que cheas pola redución do alumnado drástica sufrida, e na Coruña a cousta está que tal baila. A historia da titulación ten o seu aquel: nos oitenta foi un choio pois foi cando con urxencia había que cubrir con persoal humano os novos ámbitos aos que a lingua chegaba, fundamentalmente o ensino, e aínda hoxe se está a reparar o caso dos chamados "asimilados". Nos noventa a cousa estabilizouse, ao ensino engadíronselle timidamente novas bolsas de emprego como a administración e aínda máis timidamente a empresa. Foi tamén nos noventa cando a apareceu a titulación como tal, quedando atrás aquilo da subsección galego-portugués, e foi tamén cando se xebraron os estudos nas universidades: en Santiago quedaron os oficialistas, o núcleo duro afín ao ILG que pouco a pouco conquistou a Academia; na Coruña permaneceron os chamados de "mínimos" e lusófilos; e en Vigo miraban de esguello cara ao norte, ían un tanto por libre facendo cousas ben interesantes, por certo, e recelando das subvencións que quedaban en Santiago e non cruzaban o Ulla. Hoxe por hoxe, a situación non é moi distinta: fíxose a pax lingüística certo, pero as saídas profesionais seguen sendo máis ben pequenas. O máis sinxelo sería pensar que se unha titulación non ten saídas é porque o seu obxecto de estudo non ten futuro, mais en realidade o que falta é decisión, apoio e vontade por mudar cousas no terreo lingüístico. Os lixeiros avances que se dan no plano normativo, lexislador ou empresarial chegan aínda moi debilitados ao mercado laboral: cando haberá equipos estables de investigación? cando cada consellaría contará con servizos lingüísticos nas súas rpt's? cando haberá lingüistas expertos no audiovisual e no multimedia que formen parte de xeito estable do puxante audiovisual galego que tanto se fala? por citar só uns exemplos. Tan mal están as cousas que o "sindicato" dos lingüistas e normalizadores (a cotenol) mesmo tivo que elaborar unha proposta de mínimos que os procesos de contratación deben respectar. Os valentes que estudan hoxe filoloxía galega vanse atopar con todo un catálogo de bolsas de investigación, de colaboración, prácticas en empresas que son pan para hoxe e fame para mañá... unha especie de carrusel no que un sobe nunha e baixa doutra, no que un muda Mazarelos pola Barcia, o Consello pola Egap, Obradoiro por Xerais... e forma parte dun colectivo de man de obra barata ao que mesmo se está poñendo difícil acceder (seica hai empresas do sector lingüístico que rexeitan a estudantes en formación polos seus baixos coñecementos). Todo isto, até que che dan os trinta e túa nai che di por enésima vez aquilo de "e non has preparar unhas oposicións..." Así está o panorama...
1.12.06MmmmmmmOu este moucho ten a mente moi sucia (que todo pode ser) ou estes d'El Pais parece que xa lle atoparon o lado erótico-festivo a isto do voluntariado lingüístico. O titular é "O galego, en parella", fálase de manter "encontros" nun mínimo de vinte dunha hora de duración (que estrés non??) e por riba Quintana fala de "activos" que fan supor que tamén haberá quen faga de "pasivo"... Ui, ui ui... Certo que programas do tipo voluntariado de acollida, de inserción... préstanse para outras cousas (cantas parelliñas terá feito e desfeito o antigo programa Erasmus!!!), pero isto aínda acaba de comezar, deixemos ver como vai... no se me impacienten...
|